Luciano Fernández: 40 anos poñendo Narón no mapa das artes escénicas a nivel internacional

Luciano Fernández Vicente, director del Pazo da Cultura de Narón. Foto: Alicia Seoane
Luciano Fernández Vicente, director del Pazo da Cultura de Narón. Foto: Alicia Seoane

O Pazo da Cultura é un deses espazos culturais que foron un soño para moitos naroneses que o viron nacer. É o caso de Luciano Fernández Vicente, director técnico do Pazo da Cultura. Corenta e un anos entregado a traballar polas artes escénicas, co desexo de poñer a Narón no mapa cultural non só de Galicia, senón tamén a nivel estatal e internacional.