FERROL360 | Xoves 1 febreiro 2024 | 13:52
O sector cultural de Ferrolterra está de luto estos días. Fernando Naveiras, máis coñecido por ‘Fefi’ faleceu o pasado 30 de xaneiro aos 67 anos de idade. Naveiras foi un destacado guitarrista, músico e dinamizador do mundo da cultural, así como un defensor de causas sociais. Diferentes entidades culturais e artísticas lamentaron a defunción do poeta polifacético e todo un referente do panorama na comarca grazas a colaboración na Semana da Poesía Salvaxe. O profesor e artista Suso Basterrechea sumouse a estes días a tristeza pola perda dunha persoa moi querida polas diferentes asociacións da cidade como a Fundaçom Artábria que despedíuse do artista, manifestando o seu pesar «pola marcha dun amigo da nosa asociación».
Outra persona que tamén o botará de menos é Karlotti, o poeta e cofundador da Semana da Poesía Salvaxe, un evento no que tamén colaborou o músico e guitarrista ferrolán. Naveiras compartiu una estrecha relación de «militancia cultural» co poeta que destaca de Fefi a súa pérdida da que destaca moitas facetas.
Unha delas era o seu coñecemento de cultura e do séptimo arte. «Era como un Google do cine», afirma o responsable do evento cultural que tamén lamenta a falta do seu amigo. «Un compañeiro que sempre estaba ahí coa súa forma discreta de estar e co seu silencio tan característico», reflexiona o lírico nun poema que adicoulle ao seu compañeiro e artista nas súas redes sociais e que recollemos aquí.
A él van dedicados estes versos:
Non me importa a morte que me leva da man,
maldigo a que toma do brazo ao meu amigo
non doe a morte doe deixar a vida amigos e amigas.
Enchamos os vasos da despedida
e xa cheos os da benvida a Fefi, á Aldea dos nosos corazóns.
O legado de Fefi perdurará na memoria de aqueles que apreciaban o su talento e compromiso.
Debate sobre el post