FERROL360 | Luns 12 outubro 2015 | 18:27
Responsables de Esquerda Unida Narón reuniranse este xoves con membros da AVV de Castro para traballar na redacción dunha moción na que se esixa «respecto á sentencia xudicial que da a razón ás veciñas e veciños declarando ilegal a cementeira de Castro».
Desde o grupo municipal saudan a decisión xudicial que conclúe que a instalación da cementeira de Castro é ilegal e indican que «EU Narón está cos veciños e contra a impunidade dos poderosos». Neste senso, advirten que «esta moción vai clarexar con quen están os diferentes partidos do consistorio».
Nun comunicado, EU Narón sinala que a lei debe ser igual para todos e as sentencias xudiciais están para cumprirse. Deste xeito, apuntan que «posto que cando comezouse a construír a cementeira xa existía unha denuncia dos veciños pola súa ilegalidade, entendemos que a empresa asumiu un risco, ou pensou que unha vez feita a lei non ia con eles».
O grupo considera que a empresa ten que asumir as consecuencias dos seus actos igual que o ten que facer calquera cidadán.