FERROL360 | Sábado 15 novembro 2014 | 18:32
O Servizo de Información e Asesoramento, posto en marcha con motivo do proceso de regularización catastral que está a levar a cabo o Ministerio de Facenda no municipio, prestará atención ao público os mércores en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
A pesares de que o prazo para a presentación de alegacións está a piques de rematar e que apenas se rexistran consultas nos últimos días, o Concello dicidiu manter a oficina, que continuará prestando asesoramento e atendendo aos veciños nesa xornada de mércores.
Cabe recordar que o proceso de regularización catastral que impulsa o Ministerio de Facenda se está a levar a cabo na comarca nos municipios de Fene, Mugardos e Valdoviño e que, daquí ao 2016, iniciaráse en todos os municipios do territorio estatal.
Non afecta a aqueles inmobles que tributan correctamente e, en ningún caso, supón unha revisión dos valores á alza.