
FERROL360 | Xoves 26 novembro 2015 | 18:23
O Centro Torrente Ballester acolle dende as 20:00 horas deste venres un acto público de presentación de Nós-Candidatura Galega, proposta que apoia o BNG de cara ás eleccións xerais do 20 de decembro. Estarán presentes Carlos Callón, candidato ao Congreso pola Coruña, e o escritor e aspirante ao Senado Suso de Toro.
O propio Callón protagonizou este xoves unha rechamante e viral estampa, xa que bícase nun vídeo co parlamentario do BNG no Hórreo Francisco Jorquera, nado en Ferrol. Trátase dun bico en cadea que está a ter moito éxito nas redes e que foi pensado como mostra da loita polo respecto en canto á liberdade sexual.
Na cita do venres tamén intervirán Antonia Martínez, secretaria comarcal da CIG Ensino en Ferrol, e Iván Rivas, voceiro do BNG no Concello de Ferrol. A plataforma divulga estes días as súas iniciativas á sociedade galega, coas que quere dar conta da importancia que ofrece a este proceso electoral na comunidade autónoma.