Entrevistas cos candidatos á Alcaldía de Narón

FERROL360 | Xoves 21 maio 2015 | 18:03

A piques de rematar a campaña electoral, non queríamos pechar estes días sen coñecer un pouco máis polo miúdo as propostas que teñen para Narón os diferentes partidos políticos que se presentan no municipio. Gustaríanos ter pasado unha xornada de campaña con cada un deles, como tivemos feito con algúns dos candidatos en Ferrol, pero esta pequena redacción non chega a máis.

Trasladámoslles aos grupos un cuestionario sobre diferentes aspectos dos seus programas e moi amablemente a maioría deles responderon ás preguntas formuladas por Ferrol360. Aquí vos presentamos o resultado das entrevistas aos candidatos de Terra Galega, Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego, PSdeG-PSOE, Ciudadanos e Eliximos Narón Electores.

O candidato de Terra Galega á Alcaldía de Narón, Xosé Manuel Blanco, preséntase como o aval para que Narón continúe a senda marcada nos últimos anos. Asegura que «a día de hoxe manteño intacta a ilusión por seguir traballando, xunto co resto do equipo de Terra Galega, polo prometedor futuro que lle espera a Narón». Podes ler a súa entrevista aquí.

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Narón, Miguel de Santiago, cre que hai outra forma mellor de facer as cousas no municipio e asegura que unicamente pactará cos veciños de Narón se chega a gobernar. Recalca que «venimos porque creemos que podemos hacer cosas por nuestro ayuntamiento y nuestros vecinos». Podes ler a súa entrevista aquí.

O candidato do Bloque Nacionalista Galego á Alcaldía de Narón, Pablo Villamar, incidiu ao longo da campaña na xestión que se ten feito neste último mandato para sanear as contas co Concello. «Unha política que non foi incompatíbel coa atención ás persoas, co mantemento dos servizos sociais, que é o máis importante para nós», afirma. Podes ler a súa entrevista aquí.

A candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Narón, Catalina García, saca peito da labor realizada en servizos sociais e asegura que «estou contenta de deixar a pegada dos socialistas na solidariedade, na loita pola igualdade de oportunidades, na integración dos colectivos máis desfavorecidos, na atención ás persoas dependentes visitándoas nas súas casas». Podes ler a súa entrevista aquí.

A candidata de Converxencia Galega á Alcaldía de Narón, María Porto, leva por bandeira tres cuestións no seu programa: as personas, o emprego e a democracia participativa. Séntese satisfeita do traballo feito e de demostrar que é posible gobernar deixando a un lado as siglas «a nosa cidade foi un exemplo para toda Galicia». Podes ler a súa entrevista aquí.

O candidato de Ciudadanos á Alcaldía de Narón, Hugo Rodríguez Boo, puxo enriba da mesa unha cuestión polémica: a fusión de Ferrol e Narón. Da este paso porque en os cidadáns «tenemos la obligación de presentarnos como alternativa cuando creemos que podemos solucionar los problemas que han generado los políticos de siempre». Podes ler a súa entrevista aquí.

O candidato de Eliximos Narón Electores á Alcaldía de Narón, Alfonso Casal, sabe que será difícil acadar unha representación ampla no Concello porque é un grupo novo. En todo caso, aposta «por unha iniciativa política veciñal, libre de cargas e compromisos, como medio para afrontar unha renovación da política do concello». Podes ler a súa entrevista aquí.

Publicidad

Banner parque ferrol

Relacionadas